|
Museo
|
||||||
|
|
||||||
|
O museo Alberto Geada áchase ubicado na zona Norte da provincia de Lugo, na vila de Mondoñedo, e enmarcado nas instalacións e obradoiro deste xove artesán, no coñecido barrio de "Os muíños". Este museo, como tal, consta de tres zonas diferenciadas. A primeira delas é a zona de demostracións e vendas, onde tamén se atopa unha cabana que alberga a colección Alberto Geada, unha escolma de pezas que reúne os modelos máis tradicionais do Noroeste español. Tal vez, este museo-obradoiro sexa un dos poucos lugares de España onde mellor se poden observar exemplares -algúns deles únicos- de zocas, madreñas e albarcas. O museo Alberto Geada está preparado para recibir visitas guiadas. Estas visitas teñen unha duración aproximada duns 20 minutos, e cada grupo consta dun máximo de vinte persoas. As explicacións que reciben os visitantes danse en castelán ou en lingua galega, sendo este un lugar especial e único para lembra-los vellos e artesanais oficios de zoqueiro e madreñeiro.
Cabe destacar que vostede pode concerta-la súa visita desde a sección de contacto desta web e tamén poderá ollar algunhas imaxes das súas instalacións na sección de fotografías. Visítenos e poderá sumerxirse nun entorno máxico, cheo de artesanía, tradición e historia. Artesanía "Os muíños" agarda a súa visita... |
||||||
|
© OscarWorld web
design, 2007 - Páxina web optimizada para unha resolución de 1024 x
768
|
||||||