|
|
||||||
|
|
||||||
|
Historia
|
A historia do primitivo calzado de madeira, comeza a partir dun talo de abedul. Desde tempos inmemoriais, o home primitivo soubo protexe-los pés a partires dunha sola de madeira, que co transcorrer dos anos foi evolucionando. A orixe do calzado de madeira chegou de Europa, pasando por diferentes fases e desde diversos puntos do continente europeo. Xeográficamente, podemos dicir que se estende pola maior parte de Europa, desde Finlandia ata Portugal. A pregunta que nos facemos pois é, ¿onde apereceu por primeira vez o calzado de madeira?. A resposta está nunha orixe múltiple, unha orixe relacionada con distintos eventos culturais, desde unha sandalia de madeira, pasando pola fase do zoco... ata a súa evolución nas madreñas. O Noroeste español é sen dúbida algunha a zona de maior uso desta forma de protexe-lo pé. Así, en Galicia o seu máximo expoñente é a zoca, en Asturias a madreña e en Cantabria, a albarca.
![]()
![]() ![]() Os artesáns, deseñaban as pezas que logo se distribuían por todo o Noroeste peninsular, xa que ésta é a zona onde se centra a maior parte dos artesáns adicados á fabricación do calzado de madeira... |
|||||
|
© OscarWorld web
design, 2007 - Páxina web optimizada para unha resolución de 1024 x
768
|
||||||